Vente ao Repair Café do próximo 17 de novembro!
O domingo 17 de novembro Enxeñería Sen Fronteiras e Amigas da Terra organizamos un Repair Café coa xente da Industriosa no seu local, en Vigo, na Rúa Gregorio Espino, Nº38, entresollado 3 (Enriba do Froiz). Estaremos por alí das 10:00 ás 14:00.
Achégate e atoparás un grupo de persoas voluntarias axudándose entre elas, para reparar diferentes tipos de obxectos: ordenadores, electrodomésticos, electrónica de consumo, bicicletas, roupa, mobles e todo o que se che ocorra.
O evento é gratuito pero é preciso inscribirse a través do correo electrónico bancoreciclaxevigo@galicia.isf.es
Comentarios
Publicar un comentario