Como se monta un ordenador?

Boas! Esperamos que che sexa de moita utilidade este ordenador! Os ordenadores realmente son unha ferramenta moi útil hoxe en día, pero a verdade é que tamén son un pouco complexos. É por iso que engadimos este tutorial para axudarte nesta longa travesía.

Pois, para poder ter unha interacción agradable co ordenador necesitaremos varios periféricos, é dicir, varios complementos que nos permitirán este "diálogo": para introducir información utilizaremos o chamado rato e o teclado e para poder ver a información, a pantalla. Pero, ¿como conectamos todo?




Primeiramente é importante ter en conta que o ordenador necesita unha fonte de vida para poder funcionar. É por iso, que necesitaremos enchufar a torre a Internet (igual que a pantalla!). Para isto conectaremos na marcada en conexión a electricidade o cable á corrente e haberá algo similar tamén na pantalla.

Despois teremos que enchufar os periféricos. Podemos comezar ca pantalla. A pantalla terémola que conectar nun porto similar ao que está na foto, pero hai truco! Se hai dous iguais, como na seguinte imaxe, ir por aquel que está marcado en amarelo!Amoso tamén o cable que debería ir no sitio.


Despois, se queremos enchufar o rato e o teclado, depende do conector do cable. Se é redondo, enchúfase na zona marcada como portos PS2 (o teclado no morado e o rato no verde), se é de apariencia rectangular enchúfase onde está a zona de portos USB.
Despois quedaría enchufar se fose necesario un altavoz ou auriculares e un micrófono, que irían un no amarelo e outro no vermello. Tamén se poden conectar diante, nas mesmas conexións, se o ordenador conta con elas (en caso de que as frontais non funcionen, probar nas traseiras).








 



Comentarios

Publicacións populares